CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos
Delegadas de Comisións Obreiras denuncian as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos. Nun encontro sectorial que o sindicato organizou o mércores na Coruña co gallo da folga do vindeiro dÃa 8, representantes de CCOO en diferentes empresas relataron as eivas detectadas no seu dÃa a dÃa, tanto do punto de vista profesional coma sindical.
Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituÃda Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos
O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus
relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobarÃa durante o
presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos
Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de:
Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo,
Planificación e ConsultorÃas (TIC), Contact Center, EnxeñerÃas e
Inspección Técnica e Intermediación Laboral.
Esta nova estrutura
presenta aÃnda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que
recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción
sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de
novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no
traballo.
A celebración deste Plenario de integración supón unha
continuidade do proceso iniciado en 2014, asà como unha importante
ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova
realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste
caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da
coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.
O presente
plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construÃr
un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con
heteroxeneidade nas súas caracterÃsticas e maior variedade dos seus
modelos de negociación colectiva.

Proclamación Candidaturas plenario de integración da Agrupación de Servizos Técnicos e Servizos Administrativos
A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos polÃticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, dÃa 14, un encontro co PSG.
Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, LucÃa Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue










