Convenio de Comercio de Muebles de la Comunidad de Madrid
- Ver en el BOCM 23/08/2023 el Convenio Colectivo del Sector del Comercio de Muebles de la Comunidad de Madrid 2022-2026 (pdf)
"La lucha da resultado"
rel-uita.- CCOO y UGT amplían la vigencia del Convenio Provincial de Hostelería y acuerdan subidas salariales.
CCOO esixe aos Bancos que revertan os seus beneficios marca no poder adquisitivo do seu persoal e na creación de emprego no sector
As entidades financeiras do IBEX 35 pecharon o primeiro semestre de 2023 con novas cifras marca na súa marxe de intereses, que se incrementa globalmente un 61% desde os 8.480 aos 13.680 millóns €; de igual forma os beneficios conxuntos a nivel España crecen un 32% até os 12.830 millóns € (antes de impostos) respecto ao ano pasado, e é soamente Unicaja a que desconta aínda os efectos do seu proceso de fusión con Liberbank e rexistra un resultado negativo. Especialmente significativo é o incremento do beneficio en Banco Santander (+86%), Bankinter (67%) e Caixabank (+49%), seguidos por Sabadell (47%) e BBVA (+30%).

Esta espectacular mellora dos resultados da gran banca, que supón a continuidade da senda positiva marcada ao peche de 2022 -ano no que o conxunto do sector incrementou os seus beneficios nun 38% e nun 9% a súa rendibilidade sobre fondos propios- vese impulsada polas subidas de tipos de interese adoptadas polas autoridades monetarias como política antiinflacionista, incrementando de forma exponencial as marxes de intereses. É dicir, o efecto colateral da inflación, que produce unha perda do poder adquisitivo do persoal, incrementa as cifras de beneficios das entidades do sector, que absorben sen problemas o efecto do imposto extraordinario que grava a marxe de intereses e as comisións netas do negocio.
Desde CCOO esíxese ás patronais e empresas do sector financeiro que revertan estes beneficios récord no mantemento do poder adquisitivo dos seus cadros de persoal, abordando negociacións a nivel sectorial -próxima negociación dos convenios colectivos- e de empresa, para concretar novas subidas salariais de aplicación universal e medidas que limiten o impacto da evolución dos tipos de interese nos préstamos ao persoal. Ademais, desde CCOO reclámase aos Bancos que estes beneficios sirvan tamén para volver crear emprego no sector, aumentando a dotación de persoal nas oficinas, a fin de reducir a presión comercial e as cargas de traballo, mellorando así un clima laboral cada vez máis insustentable, a calidade de atención á clientela e o cumprimento do fin social do sector: dotar de crédito á economía real, ás familias e empresas, en condicións razoables.
Inminente publicación en BOE del III CONVENIO DE SERVICIOS DE PREVENCIÓN
Tras la firma del Convenio colectivo de Servicios de Prevencón Ajenos el 14 de Junio, y superado el control de legalidad con algunas subsanaciones técnicas consensuadas, con fecha de hoy la Dirección General de Trabajo ha emitido resolución de inscripción y publicación, para su publicación en el Boletín Oficial del estado (BOE) en fechas inminentes.









