Proclamación Candidaturas plenario de integración da Agrupación de Servizos Técnicos e Servizos Administrativos
Continúan os despedimentos en ADECCO OUTSOURCING en Vigo
Esta vez son 16 os traballadores despedidos tras perder o servizo que a empresa de multiservicios Adecco Outsourcing ten contratado con GEFCO España no centro denominado CTL3 en Mos e que se basea no almacenamento e preparación de pedidos para PSA-Peugeot-Citroen.
Asinado acordo económico en Randstad Project
No dÃa de hoxe asinouse o primeiro acordo económico entre a dirección de Randstad Project e o Comité de Empresa co que se consegue mellorar os salarios do colectivo que presta os seus servizos para a empresa GEFCO en Vigo, nun porcentaxe superior ó 8%.
Este acordo baséase en dous aspectos fundamentais, os cales teñen un compoñente económico claro e que consegue mellorar os baixos salarios destes traballadores e traballadoras. Estes dous aspectos son por unha banda a regulación da xornada laboral e por outro as condicións económicas que se rexen por un moi baixo convenio de empresa. Segue
Adecco Outsourcing despide o presidente do comité de empresa de Pontevedra, xesto que CCOO tacha de represión
A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Servizos) denuncia o despedimento do presidente do comité de empresa de Adecco Outsourcing en Pontevedra. O afectado, Rafael López, encabezara un proceso de eleccións sindicais que a compañÃa demorou un ano. So o pretexto da «estraña» (segundo o sindicato) desaparición do servizo en que López traballaba, a empresa «manobrou» para o despedir «por causas obxectivas».




_e.gif)




