Nin un paso atrás na loita contra as violencias machistas
A loita contra as violencias machistas é un compromiso no que actuamos cada día. Dar visibilidade ás causas, o noso empeño en acabar coas desigualdades de xénero, esixir que se afronte socialmente e que se dediquen os recursos necesarios, son elementos que están presentes permanentemente na nosa actividade sindical. Ler máis
Igualdade, conciliación e Covid19. Documentación útil actualizada
Na documentación adxunta poderás consultar de forma áxil e amena cuestións sobre dereitos relativos a igualdade e conciliación, ademais das medidas excepcionais adoptadas pola crise da Covid19
- Conciliación corresponsable en tempos do COVID-19. Preguntas e respostas
- Mulleres e violencias machistas. Atención, recursos e dereitos en tempos de COVID-19. Preguntas e respostas
- Dereitos sociolaborais e de Seguridade Social das mulleres vítimas de violencia de xénero
- Dereitos das traballadoras do fogar na situación derivada da emerxencia polo COVID-19 e ao subsidio extraordinario
28 de Maio, DÃa Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres: mellorar a saúde das mulleres no mundo
O día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres caracterízase por pór de relevo os temas e estratexias dirixidas a mellorar a saúde das mulleres no mundo e facer unha reivindicación polos dereitos sexuais e reprodutivos.
Fai xa máis de trinta anos que se vén celebrando esta data para dar visibilidade e denunciar os problemas das mulleres para gozar dunha vida saudable e segura. Neste contexto, poderiamos facer unha enorme lista que dependendo do lugar do mundo ao que miremos, atopariámonos nun enclave distinto dentro da nosa axenda feminista, pero atravesado en calquera caso por unha cultura androcentrista, falta de perspectiva de xénero ou claramente a vulneración de dereitos humanos das mulleres. Ler máis
Mulleres e violencias machistas. Atención, recursos e dereitos en tempos de COVID-19. Preguntas e respostas.
EN PRIMEIRO LUGAR, recorda que tes infodispoñible o Manual de respuesta sindical ante el COVID-19 (en actualización continua). Nese documento podes atopar información sobre as medidas excepcionais pola crise COVID-19 en materia de violencia de xénero.
VIOLENCIAS MACHISTAS: ATENCIÓN, RECURSOS E DEREITOS EN TEMPOS DE COVID-19










