Convenio Contact Center: Convocadas novas concentracións e xornada de folga #COLGAMOSLOSCASCOS
Debido ao bloqueo na mesa de negociación por parte da Patronal, CCOO e o resto de sindicatos presentes na mesa de convenio convocamos unha nova xornada de mobilizacións o dÃa 18 - en Galicia en A Coruña e Vigo - e folga 24 h. para o luns 28 de novembro. A patronal só insiste en manterse nas súas posturas, e mentres adÃcase a pór pedras até no que lle gañamos nos tribunais, como o non pago dos incentivos en vacacións. Se queren que de novo nos mobilicemos masivamente, que toda a sociedade se faga eco dos seus incumprimentos e que as empresas e os clientes sufran os efectos do seu inmobilismo, iso é o que van conseguir.
Contact Center: multitudinaria manifestación por un Convenio Xusto
O seis de outubro estaba convocada unha folga, asà como unha manifestación en A Coruña ás 20:00 a prol dun Convenio xusto para o sector de Contact Center. As rúas enchéronse de traballadoras e traballadores reclamando unhas condicións de traballo dignas. CCOO e UGT cifran entre un 65% e un 75% o seguimento da folga.
A negociación do novo Convenio Sectorial de Contact Center leva atrancada 20 meses a pesar de que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas para chegar a un acordo.


Os traballadores e traballadoras de Contact Center presionan á patronal para desbloquear o Convenio




Concentración en A Coruña polo Convenio Colectivo de Contact Center
Enmarcada na convocatoria de concentracións en todo o Estado, hoxe xoves 15 de setembro, manifestámonos na Coruña, a carón do Obelisco por:
-
Un salario digno
-
Estabilidade e seguridade laboral
-
Finalización da precariedade
-
Cumprimento da lei
-
Limitación das subcontratas
-
Desenvolvemento da igualdade e conciliación
Despois de dous anos negociando, a patronal ignora as propostas presentadas.









