Hotusa, a empresa que explota as instalacións, prometera hai un ano manter os postos de traballo
En xuño de 2015,
o grupo Hoteleiro Hotusa, tras facerse cargo da xestión do Gran Hotel La Toja, presentou ás traballadoras e traballadores cartas
de subrogación nas que se garantÃan os postos e as condicións de
traballo. Meses despois, e amparado en informes económicos
desfavorables expresou a súa intención de pechar as súas portas en
tempada baixa.
Mediante un ERTE establecéronse axustes
nas xornadas laborais cun tope de 1.300 horas no ano 2016 para evitar
pechar ao público, compensando perÃodos de menor e maior afluencia.
Porén, neste último
verán a empresa negociou de forma individual cos afectados o cambio
de contrato fixo a fixo discontinuo, evitando a negociación
colectiva e presionando de todos os xeitos posibles para que os
sindicatos aceptasen esta medida, feito ao que Comisións Obreiras
non cedeu e ao que se opuxo rotundamente.
CC.OO asegura que as
dúas persoas despedidas se caracterizaron polo firme rexeitamento ao
expediente de regulación de emprego (ERE) formulado pola dirección
do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Asemade, denunciaron
incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas
extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado
entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas
anuais, que se acabou superando. Tamén se opuxeron á destrución
dos contratos fixos e de maiores de 55 anos, que foron sustituÃdos
por fixos discontinuos, por xente xoven con salarios de miseria e
alumnos en prácticas.
Cabe salientar que
esta polÃtica de represión sindical de Hotusa estase aplicando con
igual intensidade no Hotel de la Reconquista de Oviedo con despidos
de integrantes do comité de empresa.
Comisións lamenta
tamén a pasividade e falta de solidariedade amosada polos outros
sindicatos con representación na empresa, CIG e CSIF, que ademais
non acudiron á concentración.


Máis imaxes
Video: intervención de Isabel, unha das despedidas
En "La Voz de Galicia"
Teletrabajo
Jornada laboral
Calendario Laboral de fiestas para 2017. Calendarios Laborales Estatal y Autonómicos confeccionados con
las fiestas estatales y autonómicas. El máximo de dÃas festivos al año es de 14.
7 Diciembre 2016
INFORMACIÓN
SOBRE EL CISS (I)
COMITÉ
INTERCENTROS DE SEGURIDAD Y SALUD LABORAL
El 28 de abril, el CISS aprobó
por unanimidad sindical (CCOO,
CGT, SESFI, UGT y UOB) y empresa, una vez salvadas las ambigüedades
del texto propuesto, el Procedimiento para la prevención de riesgos durante el
embarazo, parto reciente y lactancia natural, garantizando
que las compañeras embarazadas no permanecerÃan solas en un centro de trabajo:
Descargar comunicado en PDF
Convenio de supermercados de Catalunya
Desde CCOO iniciamos campaña de movilizaciones ya que, después de más de una año de negociaciones del convenio de supermercados de Catalunya, la negociacióncontinúa estancada.