DEICHMANN Vigo en folga por incumprimento de convenio
As traballadoras de Deichmann Vigo convocaron folga en protesta por o incumprimento por parte da empresa do convenio colectivo de comercio vario da provincia de Pontevedra asinado no pasado mes, no tocante a voluntariedade de traballar en domingos e festivos.A representación legal das traballadoras e CCOO tentaron ata o último momento unha solución negociada co fin de evitar a folga. Non foi posible. Na semana pasada a empresa rexeitou expresamente acudir a reunión de mediación do procedemento AGA solicitado por CCOO, deixando claro que non é a súa vontade consensuar unha solución. Ler máis
Revisión salarial en EROSKI pola aplicación da Reforma Laboral
As persoas traballadoras de Vegalsa- Eroski non somos traballadores de segunda, por iso CCOO levamos un ano reivindicando a subida salarial que nos corresponde, por xustiza social e pola aplicación da Reforma Laboral. Hoxe tras unha dura negociación coa empresa informamos os resultados: A partir de 01 xaneiro do 2023 todos os traballadores de Vegalsa, nas categorías máis baixas e a xornada completa, pasarán a ter: Ler máis
O comercio de metal de Pontevedra mobilizouse o sábado en Vigo e comeza unha folga
Os sindicatos CCOO, UGT e CIG convocan unha concentración do sector do comercio de metal da provincia de Pontevedra. Foi o sábado, 19 de novembro, ás 12 horas, diante do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Con esta protesta, os traballadores e traballadoras esixiron a actualización do seu convenio, que leva tres anos caducado, e déronlle unha última advertencia ás empresas antes da xornada de folga provincial que tivo lugar hoxe.
As organizacións sindicais lembran que o actual convenio colectivo rematou a súa vixencia no 2019. Desde aquela estase intentando renovar o texto coas patronais ATRA e ACE, sen que a parte empresarial amose vontade negociadora. Ante isto, a parte social incluso pediu a incorporación deste convenio ao do comercio vario, onde xa están outros sectores comerciais, recibindo tamén unha negativa —neste caso, da patronal ATRA.
Ademais dos salarios, onde os sindicatos piden incrementos acordes co encarecemento do custo da vida, estábanse a negociar outras cuestións, como a adaptación ao que esixe a reforma laboral no tocante á contratación, a xornada laboral anual e dereitos sociais como licenzas, días de libre disposición ou vacacións.
CCOO, UGT e CIG sinalan que a parte social cedeu en moitas reivindicacións para tentar chegar a un acordo, incluso aceptando que non houbese incremento salarial retroactivo para os anos 2020 e 2021. Na xuntanza do pasado 11 de outubro, ATRA retirou todas as súas propostas, alegando que parte social pedira «moito» na anterior reunión.
Para os tres sindicatos, este comportamento é contrario ao principio da boa fe que debe presidir todas as negociacións. A ruptura do diálogo non lles deixa aos traballadores e traballadoras outra saída que a mobilización en defensa dos seus dereitos.
CCOO Servizos é segunda forza en Grandes Almacéns!!
O 18 de Novembro celebráronse eleccións sindicais no sector de Grandes Almacéns nas que Servicios CCOO logrou consolidar máis de 400 delegados e delegadas a nivel sectorial, pasando a ser o segundo sindicato no sector.

As eleccións celebráronse en diversas empresas do sector, ECI, Carrefour, Alcampo, Ikea, Conforama, Makro, Ikea, Apple, etc. Grazas ao esforzo de coordinación entre os delegados e delegadas e federacións e o traballo de todos e todas neste último ano, CCOO confirmou o seu crecemento de representación no sector. Con estes resultados confírmase que CCOO recibe un amplo apoio onde presenta candidaturas.
Desde a Federación de Servizos de CCOO felicitamos a todas as persoas que co seu traballo fixeron posible todo isto e damos as grazas a quen se presentou nas nosas candidaturas e aos traballadores e traballadoras a confianza depositada en CCOO. Para CCOO este apoio recibido fortalece o compromiso para facer fronte aos retos que ten o sector de grandes almacéns nos próximos catro anos, apostando pola negociación colectiva, o diálogo e as formulacións e propostas do Sindicato para a negociación do Convenio Colectivo que se negocie.









