CCOO Servizos reúnese co comité de empresa de Inelcom e co alcade de Sarria para tratar o ERE anunciado pola dirección
O Comité de Empresa de Inelcom en Sarria xunto co responsable de Servizos Técnicos dá Federación de Servizos de CCOO en Galicia, Iván Cordeiro, mantiveron unha xuntanza con alcalde de Sarria, Claudio Garrido, onde lle trasladaron a súa preocupación polo ERE anunciado pola dirección de INELCOM.
Durante a xuntaza o rexidor trasladoulle á representación legal das persoas traballadoras o seu total apoio e interese pola situación que se pode derivar das decisións empresariais que se adopten.
Na xuntaza acordouse seguir mantendo un contacto estreito co Concello para facer un seguimento da evolución desta negativa decisión tomada pola empresa.
A Federación de Servizos de CCOO en Galicia quere denunciar publicamente o impacto que dita decisión pode supoñer tanto para o emprego na provincia de Lugo como para as condicions de traballo e vida persoal das persoas traballadoras que puideran verse afectadas.
CCOO rexeita o ERE en Inelcom, unha das meirandes empresas de Lugo
A Federación de Servizos de CCOO rexeita o ERE anunciado por Inelcom, empresa situada en Sarria, unha das compañías máis grandes de Lugo por volume de persoal. Dedícase ao sector de centros de chamadas, prestando servizos a Telefónica ou Hola Luz, entre outras.
A comezos de mes, a dirección notificoulle ao comité de empresa a apertura do período de negociacións para un ERE en todo o Estado que atangue tanto ao centro de traballo de Sarria como ao de Xàtiva (País Valenciano). Entre ambos os dous suman máis de 500 persoas.
A día de hoxe, non se sabe como afectaría a regulación de emprego a cada un dos centros. No entanto, CCOO informa de que este mércores haberá unha primeira xuntanza do comité de empresa co alcalde de Sarria, a quen lle trasladará na súa preocupación polo futuro da compañía e do emprego.
Nova reunión do convenio comercio vario Coruña coa mediación do AGA
Na reunión de hoxe luns, 10 de abril, ao xa informado anteriormente, a patronal propón:
- Un día máis de asuntos propios
- Incremento salarial co seguinte detalle:
- 2021-2022: 7.5%, con atrasos desde xaneiro 2022
- 2023: 4% con revisión a táboas do 1%
- 2024: 3% con revisión a táboas do 1%
- 2025: 3% con revisión a táboas do 1%
- 2026: 2.5% con revisión a táboas de IPC.
CCOO, do mesmo xeito que o resto das centrais sindicais, estivemos dacordo en que estas porcentaxes, á conta de aumentar a vixencia até o 2026, non son aceptables se non se produce un incremento maior nos anos 2022 a 2023.
Pedimos á patronal que reaccione, porque o persoal non pode permitirse máis perda de poder adquisitivo na situación de graves incrementos de IPC dos últimos anos e porque quedou demostrado na mobilización do pasado domingo 26 de marzo, que as persoas traballadoras do comercio na provincia da Coruña están ao límite da súa economía e paciencia.
Non podemos esperar máis, a patronal debe darnos unha resposta XA
CCOO desmente que en España falte persoal para traballar na HostalarÃa, o que faltan son condicións de traballo dignas e mellores salarios
Para CCOO Servizos, en España hai suficiente e cualificada man de obra no sector de Hostalaría, as dificultades esgrimidas polas patronais son debidas á precariedade, os baixos salarios e as deficientes condicións laborais (quendas partidas, dificultade conciliación vida laboral e familiar, nin tan sequera un fin de semana de descanso ao mes).
Hai moitas persoas que abandonan a profesión e optan por traballar noutros sectores. Ler máis









