convenio hostalería lugo

O convenio ten aspectos moi importantes para garantir e mellorar as condicións de salario, conciliación e profesionalidade do persoal, recollendo as solicitudes da Plataforma Reivindicativa de CCOO, e todo isto despois duns duros anos de pandemia, con moitos locais pechados e a maioría do persoal en ERTE:

  •  Vixencia 2021 a 2024, con incrementos; 2021.- 1.5%; 2022.- 3,5%; 2023.- 2,5%; 2024.- 3%.

Isto significa que á data publicación do Convenio no BOP, as persoas verán un incremento inmediato nas nóminas do 5%, así como un pago de atrasos polos seus efectos desde o 1 de xaneiro. Ler máis


  • Incorporamos unha cláusula de revisión salarial.

Que permite que se garanta poder adquisitivo, regularizando o IPC a final de vixencia

  • Incluímos por primeira vez a obrigación de formar as persoas para facelas máis profesionalizadas.

Aquelas empresas que non acrediten a aplicación de plans de formación ao seu persoal, deberán abonar un Plus de Formación de 20€/mes por Traballador/a.

  • Garantimos que as posibles subidas de SMI non se coman os incrementos salariais.

Se hai incremento de SMI en 2023 e 2024, actualízanse as táboas e logo aplícase a subida salarial, co que os salarios de hostalería en Lugo sempre estarán por encima do SMI, acabando cunha situación de anos, na que moitas categorías estaban condenadas a un salario precario.

  • Melloramos a conciliación da vida laboral e familiar nun sector onde esta conciliación é complicada.

Incluíndo unha licenza polo tempo necesario para acompañar ao médico a descendentes ata 15 anos e ascendentes de 1º grao ou sen grao que convivan co traballador/a e con dependencia xustificada.

Ou que as licenzas retribuídas se poidan gozar días alternos mentres dure o feito causante.

  • Incorporamos unha cláusula de desconexión dixital.

Que obriga ás empresas a evitar as chamadas de teléfono ou WhatsApp fora do horario laboral e que mantiñan as persoas continuamente pendentes do teléfono no seu tempo libre

  • Incluímos un protocolo de atuación contra ou acoso sexual, por razón de sexo e psicolóxico.

Non era de recibo que, a estas alturas, non se contemplasen actuacións que evitasen calquera comportamento, que teña o propósito ou produza o efecto de atentar contra a dignidade das persoas.

  • Por último, incluímos unha garantía de aplicación da lexislación en materia de contratación ao ALEH (Acordo Laboral Estatal de Hostalería).

Cunha Disposición Adicional que se compromete a realizar as modificacións parciais que resulten necesarias ao fin de asumir os acordos alcanzados ao respecto.

En resumo, podemos dicir que nun momento complicado para o sector, tras uns anos moi duros, alcanzamos un acordo que mellora substancialmente as condicións do persoal do sector da hostalería en Lugo.