¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


CCOO-Servizos informamos dun seguimento do 82 % en Galicia na «histórica» folga do sector financeiro estatal

folga sector financeiro

Nesta convocatoria de folga estaban chamadas a participar 7600 persoas na comunidade autónoma e 152.000 en toda España. Oito de cada dez traballadoras e traballadores do sector secundaron o paro de dúas horas, entre as 8 e as 10 da mañá. «Atrasamos dúas horas a nosa entrada ao traballo, mais avanzamos tres anos para o futuro», é o lema anunciado por CCOO.

Un paro histórico, pois nunca antes se mobilizaran asemade a banca, o aforro e as cooperativas de crédito, que respectivamente empregan a 2600, 4800 e 200 persoas en Galicia. Ademais da folga, houbo tamén concentracións na Coruña e en Vigo.

CCOO instamos as cúpulas directivas do sector —que bateu todas as súas marcas de beneficios— a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, con iso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal, fixar un límite sectorial e por empresa do tipo de xuro dos empréstitos, reducir a carga laboral e presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.


Haberá un paro de dúas horas entre as 8 e as 10 da mañá, antesala da folga de 24 horas prevista para o vindeiro 22 de marzo

O luns están chamadas á folga as 7600 persoas que traballan no sector financeiro en Galicia, máis de 152 000 en España

folga sector financeiro

A Federación de Servizos de CCOO informa que o próximo luns, 26 de febreiro, están chamadas á folga as máis de 152 000 persoas que traballan no sector financeiro español, das cales 7600 o fa nen Galicia: 4800 no aforro, 2600 na banca e 200 en cooperativas de crédito. Haberá un paro de dúas horas entre as 8 e as 10 da mañá, antesala da folga de vinte e catro horas prevista para o vindeiro 22 de marzo, data coincidente coa celebración das Xuntas de accionistas de Caixabank e Banco Santander.

Ademais do paro, en Galicia haberá concentracións entre as 8 e as 10 horas na Coruña (Cantón Pequeno, n.º 1) e en Vigo (García Barbón, n.º 1 e Policarpo Sanz, n.º 44).

CCOO cualifica de «histórica» a convocatoria de folga no conxunto do sector, pois nunca antes se mobilizaran ao mesmo tempo a banca, o aforro e as cooperativas de crédito. «O luns atrasaremos dúas horas a nosa entrada ao traballo, mais avanzaremos tres anos para o futuro», advirten.

O sindicato insta as cúpulas directivas dun sector —que bateu todas as súas marcas de beneficios— a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, co niso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal, fixar un límite sectorial e por empresa do tipo de xuro dos empréstimos, reducir a carga laboral e presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.


CCOO logra toda a representación no primeiro comité provincial de Arenal Perfumerías en Lugo

comité Arenal

Comisións Obreiras (CCOO) informa da vitoria do sindicato nas eleccións sindicais da rede de tendas de Arenal Perfumerías, que esta semana elixiu o seu primeiro comité de empresa provincial. A estas eleccións estaban chamados 145 traballadores e traballadoras dos 9 puntos de venda con que conta a compañía en Lugo —tamén dispón de tendas noutras provincias galegas e do resto do Estado.

Nestas eleccións sindicais, o 85 % das persoas que exerceron o dereito ao voto apostaron pola candidatura presentada por Comisións Obreiras, que deste xeito consegue a totalidade dos 9 delegados e delegadas do comité provincial.

Desde CCOO agradécenlles aos traballadores e traballadoras a confianza depositada nas súas siglas e salientan que «unha representación sindical forte, especialmente de Comisións Obreiras, é a garantía para a defensa dos dereitos laborais e a consecución de mellores condicións de traballo».


Oficinas e despachos de Pontevedra: Mexan por nós e din que chove

Convenio Oficinas e despachos Pontevedra

O pasado 7 de febreiro mantivemos a última reunión da negociación do convenio de Oficinas e Despachos da Provincia de Pontevedra, onde tan só se presentaron dúas persoas por parte da patronal xa que supostamente, ao non recibir unha proposta por escrito pola parte social, consideraban que non era necesaria a reunión.

CCOO trasladamos que a proposta de táboas salariais presentada na última reunión pola patronal nos podería servir como punto de partida para o ano 2023, actualizando previamente todas as categorías que estivesen por baixo do SMI e establecendo unha diferenza de 80€ entre categorías. A partir de aí poderiamos empezar a negociar a suba salarial para os próximos anos, pero sen tocar en ningún momento a antigüidade. 

A sorpresa atopámola cando a CIG, sindicato que ten a maioría da representación SOCIAL na mesa, ofreceulle á patronal rebaixar a antigüidade a un 4% do salario base por trienio cun tope máximo do 40% (actualmente 5% por bienio cun tope do 60%). Para isto convocou no seu momento folga e mobilizacións, facéndolle perder diñeiro ao persoal?

O agasallo da CIG á patronal suporía unha perda económica e un enorme risco para os cadros de persoal no futuro. Lembremos que durante 12 anos non houbo interese por parte da patronal de negociar o convenio, e precisamente a antigüidade foi a que permitiu que os salarios subisen minimamente cada dous anos.

CCOO non está disposta a asinar un convenio que supoña unha perda de dereitos para o persoal do sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Pontevedra.


V Plenario da Sección Sindical de CCOO no Grupo Banco Sabadell

plenario ccoo banco sabadell

A Comisión Executiva Federal, na súa reunión do 16 de xaneiro de 2024, aproba o proceso do V Plenario da Sección Sindical de CCOO no Grupo Banco Sabadell e a convocatoria do seu Plenario ordinario de renovación que se celebrará os días 17 e 18 de abril de 2024, así como as normas de funcionamento do mesmo. Ler máis


Manifestación de SOS Sanidade: Trece medidas urxentes para un sistema sanitario de calidade en Galicia

manifestación sanidade pública

Hoxe, a Plataforma SOS Sanidade Pública, integrada polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e tamén CCOO Servizos, protagonizou un chamado crucial en Santiago de Compostela. Ás 12:00, desde a Alameda de Santiago, iniciou unha manifestación con propósito claro: urxir a adopción de trece medidas imprescindibles para facer fronte aos desafíos actuais da sanidade en Galicia, construíndo así o sistema de saúde que todos merecemos.

Entre as demandas destacadas, a plataforma require un aumento substancial na atención primaria, asegurando que esta constitúa o 25% do gasto sanitario público, conforme ás directrices da Organización Mundial da Saúde. Ademais, solicita un reforzo significativo de persoal en medicina de familia, pediatría e enfermaría; a apertura de centros de saúde pechados e a creación de novos onde sexa necesario; o incremento do parque de ambulancias asistenciais e medicalizadas; un plan para reducir as listas de espera hospitalarias e garantir que a atención ás persoas dependentes se realice no ámbito da sanidade pública.

Outras peticións inclúen a reversión dos servizos privatizados ao sistema público, con mención explícita ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; a erradicación de prácticas clientelares na xestión; a restauración das xerencias de atención primaria, outorgándolles capacidade resolutiva e orzamento propio; e a reorientación do sistema cara a un modelo comunitario e participativo.

SOS Sanidade tamén insta á elaboración consensuada dun Plan de Saúde Mental; á loita contra a precariedade laboral no sistema sanitario público; e, por último, á "desmedicalización" do sistema, co fin de poñer fin ao uso "irracional e abusivo" de fármacos e novas tecnoloxías.

En resumo, a manifestación non é só un clamor, senón un chamamento á acción e colaboración para construír unha sanidade galega máis robusta, accesible e centrada nas necesidades da comunidade.

manifestación sanidade pública  manifestación sanidade pública


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones