Archivado en Nota de prensa, ERE, Unión Comarcal A Coruña, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

A responsabilidade de CCOO é velar polo persoal de DIA e a viabilidade de toda a empresa


stop ERE DIA

Trala reunión mantida hoxe, o número de persoas afectadas sería, finalmente, de 1.586, o que supón unha desafectación de 478 persoas (un 21%). Ofrécense 341 vacantes que poden reducir o numero de persoas afectadas. Se houbese vontade sería relativamente sinxelo alcanzar un acordo unánime e útil para o futuro da entidade. Ler máis


A empresa propuxo:
 
Unha indemnización de 30 días cun tope de 12 meses, a adscrición ao ERE será voluntaria con permutas, exceptuando os maiores de 57 anos. En materia de prexubilación, tendo en conta a prima para o persoal de almacéns e os tramos para o persoal de tendas, sería:
 

% salario neto 

Idade

90 %

62-65

90 %

61-64

90 %

60-63

85 %

59-63

80 %

58-63

80 %

57-63

 
Creación dunha bolsa de emprego durante 12 meses só para contratar en DIA supermercados. No caso de mobilidade xeográfica abonaríase os gastos de mudanza e 4 días de licenza retribuida máis os días de convenio, 560? ao mes durante 4 meses e período de 6 meses de adaptación (se non se adapta podería acollerse ao ERE).
 
 
As tendas que non se poidan vender pecharanse antes do 30 de xuño de 2018. As que estean en trámites permanecerán abertas até o 30 de xuño, podéndose ampliar en función da oferta final.
 
Nos almacéns afectados aos carretilleiros daráselles o curso que lle acredita para recibir o "carné de carretilleiro"
 
As propostas que CCOO expuxo van encamiñadas a que se dean as mellores circunstancias posibles de maneira que a primeira quenda de saídas sexa voluntaria.
 
Para CCOO é válida a proposta de prexubilacións, se estas son voluntarias e se puidesen ampliar a un número determinado de persoas non afectadas. En materia de indemnizacións a nosa proposta é de 33/45 por ano límite de 24 meses ou 33 días por ano con limite de 18 meses, máis unha cantidade de 560? por ano traballado de antigüidade. Así mesmo, as propostas de bolsa de traballo e gastos de mudanza son aceptables.
 
Finalmente, as medidas que se puidesen acordar deberíanse articular cunha solución no tempo, tipo "Alcoa". No caso das tendas, que se manteñan abertas até, polo menos, o 30 de setembro, para que poida haber o maior número posible de opcións de compra ese poida subrogar o persoal. En canto ás que sexa imprescindible pechar por aforro de custos, faríase recolocando ao persoal noutras tendas para reforzar a venda e poder dar un mellor servizo. Esta solución poderíase combinar cun expediente de regulación temporal, ben de suspensión ou ben de redución de xornada, sempre que se poidan vender as tendas coa subrogación do persoal
 
Todo iso, ademais, produciríase despois de que se materialice e se despexe tanto a toma de control do accionista maioritario, a través da OPA, como o plan de refinanciamento da débeda coa banca.
 
Se se quere, pódese facer un acordo unánime, en caso contrario o persoal defenderase con todos os medios ao seu alcance porque as persoas afectadas é todo o persoal do GRUPO DIA, non se pode sacrificar a unha parte do persoal para acalar aos acredores
 
Este ERE non pode ser "nin un sálvese quen poida" nin unha "toma o (pouco) diñeiro e corre".