Convenio Colectivo del sector de Comercio de Materiales de Construción y Saneamento de Pontevedra
Sector do Comercio Vario da Coruña: nin atrasos, nin redución de xornada ata os 14, nin complemento por incapacidade
A patronal négase a pagar os atrasos do convenio, a ampliar a redución de xornada ata os catorce anos e insiste en penalizar as baixas por incapacidade (segue)
Convenio Téxtil de Ourense: A Patronal cérrase en banda
Desde o 5 de abril que empezamos a negociación, xa levamos varias reunións nas que tratamos e discutimos todos os temas que vos comentabamos na plataforma reivindicativa, pero a Patronal está cerrada en banda: (segue)
Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.
Hoxe, vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo Banco Popular Galicia.
Coa previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades presentouse unha única candidatura á Secretaría Xeral e á executiva, quedando esta última integrada na súa maioría polas delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas súas respectivas seccións.
Na súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer "a xenerosidade e o esforzo pola confianza depositados na súa persoa" xa que "nos imos enfrontar a importantes retos de aquí ao próximo ano". Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a través do "contacto directo, cercano e persoal cos nosos compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan". Gañar as eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra ideal central do seu discurso: "dado o actual momento de dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos electorais, que é garantía de esforzo, e respaldo ás traballadoras e traballadores"
A partir de agora iníciase unha nova etapa que estará marcada polo proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.
O persoal de Hotel Attica 21 en A Coruña apoia maioritariamente a candidatura de CCOO Servizos
O pasado venres 18 o persoal de Hotel Attica 21 en A Coruña revalidou cunha alta participación a candidatura presentada por CCOO, cun total de tres delegadas.
A Federación de Servizos de CCOO agradece aos traballadores e traballadoras desta empresa a confianza depositada no sindicato e garante redobrar o esforzo e manter o traballo diario.