Archivado en

Rexeitando a politica laboral do banco

Concentracion diante do BBVA en A Coruña

A Federación de Servizos Financeiros e Administrativos de CCOO (COMFIA-CCOO) e o resto de sindicatos con representación no BBVA en Galicia realizaron unha concentración de delegados diante da sé da Dirección Territorial Noroeste, no Cantón Grande da Coruña.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Unha delegación formada por un membro de cada un dos sindicatos convocantes entregou unha carta ao responsable de Recursos Humanos, na cal solicitan a negociación dos plans de reordenamiento que o BBVA puxo en marcha, tanto na rede de oficinas como nos departamentos de Servizos Centrais: os chamados Proxecto Clima e Proxecto Velázquez, respectivamente.

A concentración, que durou preto dunha hora, contou coa presenza de numerosos delegados do BBVA vidos das comunidades que forman a Direccion Territorial Noroeste (Galicia, Asturias e Castela-Leon), e mais de representantes sindicais doutras entidades financeiras e administrativas federadas en Comfia-CCOO. A asistencia pódese cifrar en preto de catrocentas persoas.

Os concentrados manifestaron de forma patente o seu rexeitamento aos Proxectos Clima e Velázquez e mostraron o seu desagrado polo xeito en que a Dirección do BBVA pretendeu implantar estes ás costas da representación sindical.

"Vaiase, Sr González", en referencia ao Presidente do Consello de Administración Francisco González, foi unha das consignas máis repetidas durante o desenvolvemento da concentración, que se disolveu de forma pacífica unha hora logo do seu comezo.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es