content_copy Noticias - Sector Financeiro

75´8% SEGUIMENTO: EXITO DA FOLGA EN BANCA

22M: Seguimento masivo da folga na Banca, cunha participación do 75,8%

Un 75,8% das 80.000 persoas traballadoras da Banca secundaron a folga hoxe venres 22 de marzo. Agradecemos expresamente ao persoal do sector o seguimento dunha convocatoria histórica.

Exiximos ao Banco Santander, BBVA, Banco Sabadell, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe principal que trasmitiron os seus cadros de persoal: que queren un convenio, como mínimo, como o que as patronais de Aforro e Cooperativas de Crédito asinaron: Con incrementos salariais xustos e que se apliquen a todo o persoal, non de forma discrecional segundo os criterios das direccións.

Os datos de seguimento por entidades, segundo as estimacións de CCOO, UGT y FINE, son os seguintes:



Esiximos ás cúpulas do Banco Santander, BBVA, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe que lles transmitiron os cadros de persoal, aos cales lles están negando un convenio, como mínimo, como o que pactaron os sindicatos coas entidades de Aforro e Caixas Rurais:



Esiximos á AEB que escoite a mensaxe rotunda lanzada polos seus cadros de persoal: Que están dispostas a loitar por un convenio que realmente supoña, de forma efectiva e tanxible, incrementos salariais xustos e que se apliquen a todas as persoas traballadoras, non de forma discrecional segundo os criterios das súas direccións.

INFOGRAFÍA:

 

Convenio Colectivo de Banca
AEB ralentiza las negociaciones como estrategia de desgaste

Convenio BANCA: A negociación non avanza

Continuamos a celebrar reunións sen avances, deixando patente a estratexia patronal de alargar as negociacións. Lamentamos ver que mentres outras patronais optimizan as reunións con avances significativos ou conseguindo pechar preacordos en materia salarial, AEB continúa xogando a dilatar a negociación, o que xera malestar nas plantillas e non dá traslado á recuperación salarial que é xustificada polos récords históricos das entidades.

Subas salariais que non superan o 9% en 4 anos, penalizando ás persoas con salario exclusivamente de Convenio e maltratando ás persoas con melloras voluntarias. Propostas de medidas de ampliación de mobilidade xeográfica. Esta postura por parte de AEB volve enturbar e tensionar o clima laboral e non axuda a frear a conflictividade laboral na Banca, plasmándose na folga do 22M.

Este 15M CCOO trasladará o seu rexeitamento a esta estratexia ás portas da JGA de BBVA e concentrándose noutras entidades, presión que continuará o 22M na JGA de B. Santander e convocatoria de folga de 24h o mesmo 22M. Os accionistas deben coñecer como tratan ao persoal estas entidades, as cales adolecen dunha Responsabilidade Social Empresarial. AEB é a única responsable de manter o malestar social e ten oportunidade na próxima reunión do 19 de marzo de achegar substancialmente as posicións.


CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

  • 15 MARZO: Xunta Accionistas BBVA
  • 22 MARZO: Xunta Accionistas B. Santander
  • 22 MARZO: FOLGA EN TODO O SECTOR, se non hai avances na mesa de Convenio.

É POLO TEU SALARIO, É POLOS TEUS PRÉSTAMOS, É POLO CLIMA LABORAL, É POR TI

convenio colectivo aforro
NEGOCIACIÓN CONVENIO COLECTIVO AFORRO

Alcanzamos PREACORDO no Convenio Colectivo de Aforro

O preacordo acadado, no día de hoxe, na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Aforro 2024-26, recolle entre outros puntos

Un incremento en 3 anos do 11% - 14% máis un pago único do 3% do Nivel VI Ademais, 3 días adicionais de libre disposición (1 cada ano) Garántese a aplicación dos incrementos de convenio, sen se veren afectados por adaptacións progresivas. Ler máis

folga sector financeiro

CCOO-Servizos informamos dun seguimento do 82 % en Galicia na «histórica» folga do sector financeiro estatal

Nesta convocatoria de folga estaban chamadas a participar 7600 persoas na comunidade autónoma e 152.000 en toda España. Oito de cada dez traballadoras e traballadores do sector secundaron o paro de dúas horas, entre as 8 e as 10 da mañá. «Atrasamos dúas horas a nosa entrada ao traballo, mais avanzamos tres anos para o futuro», é o lema anunciado por CCOO.

Un paro histórico, pois nunca antes se mobilizaran asemade a banca, o aforro e as cooperativas de crédito, que respectivamente empregan a 2600, 4800 e 200 persoas en Galicia. Ademais da folga, houbo tamén concentracións na Coruña e en Vigo.

CCOO instamos as cúpulas directivas do sector —que bateu todas as súas marcas de beneficios— a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, con iso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal, fixar un límite sectorial e por empresa do tipo de xuro dos empréstitos, reducir a carga laboral e presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.

folga sector financeiro
Haberá un paro de dúas horas entre as 8 e as 10 da mañá, antesala da folga de 24 horas prevista para o vindeiro 22 de marzo

O luns están chamadas á folga as 7600 persoas que traballan no sector financeiro en Galicia, máis de 152 000 en España

A Federación de Servizos de CCOO informa que o próximo luns, 26 de febreiro, están chamadas á folga as máis de 152 000 persoas que traballan no sector financeiro español, das cales 7600 o fa nen Galicia: 4800 no aforro, 2600 na banca e 200 en cooperativas de crédito. Haberá un paro de dúas horas entre as 8 e as 10 da mañá, antesala da folga de vinte e catro horas prevista para o vindeiro 22 de marzo, data coincidente coa celebración das Xuntas de accionistas de Caixabank e Banco Santander.

Ademais do paro, en Galicia haberá concentracións entre as 8 e as 10 horas na Coruña (Cantón Pequeno, n.º 1) e en Vigo (García Barbón, n.º 1 e Policarpo Sanz, n.º 44).

CCOO cualifica de «histórica» a convocatoria de folga no conxunto do sector, pois nunca antes se mobilizaran ao mesmo tempo a banca, o aforro e as cooperativas de crédito. «O luns atrasaremos dúas horas a nosa entrada ao traballo, mais avanzaremos tres anos para o futuro», advirten.

O sindicato insta as cúpulas directivas dun sector —que bateu todas as súas marcas de beneficios— a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, co niso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal, fixar un límite sectorial e por empresa do tipo de xuro dos empréstimos, reducir a carga laboral e presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.

CCOO esixe incrementos salariais no sector financeiro
O sindicato reclama medidas no arranque de negociación dos convenios e mediante negociacións a nivel das empresas

CCOO esixe aos Bancos que revertan os seus beneficios marca no poder adquisitivo do seu persoal e na creación de emprego no sector

As entidades financeiras do IBEX 35 pecharon o primeiro semestre de 2023 con novas cifras marca na súa marxe de intereses, que se incrementa globalmente un 61% desde os 8.480 aos 13.680 millóns €; de igual forma os beneficios conxuntos a nivel España crecen un 32% até os 12.830 millóns € (antes de impostos) respecto ao ano pasado, e é soamente Unicaja a que desconta aínda os efectos do seu proceso de fusión con Liberbank e rexistra un resultado negativo. Especialmente significativo é o incremento do beneficio en Banco Santander (+86%), Bankinter (67%) e Caixabank (+49%), seguidos por Sabadell (47%) e BBVA (+30%).

Cadro resultados sector financeiro

Esta espectacular mellora dos resultados da gran banca, que supón a continuidade da senda positiva marcada ao peche de 2022 -ano no que o conxunto do sector incrementou os seus beneficios nun 38% e nun 9% a súa rendibilidade sobre fondos propios- vese impulsada polas subidas de tipos de interese adoptadas polas autoridades monetarias como política antiinflacionista, incrementando de forma exponencial as marxes de intereses. É dicir, o efecto colateral da inflación, que produce unha perda do poder adquisitivo do persoal, incrementa as cifras de beneficios das entidades do sector, que absorben sen problemas o efecto do imposto extraordinario que grava a marxe de intereses e as comisións netas do negocio.

Desde CCOO esíxese ás patronais e empresas do sector financeiro que revertan estes beneficios récord no mantemento do poder adquisitivo dos seus cadros de persoal, abordando negociacións a nivel sectorial -próxima negociación dos convenios colectivos- e de empresa, para concretar novas subidas salariais de aplicación universal e medidas que limiten o impacto da evolución dos tipos de interese nos préstamos ao persoal. Ademais, desde CCOO reclámase aos Bancos que estes beneficios sirvan tamén para volver crear emprego no sector, aumentando a dotación de persoal nas oficinas, a fin de reducir a presión comercial e as cargas de traballo, mellorando así un clima laboral cada vez máis insustentable, a calidade de atención á clientela e o cumprimento do fin social do sector: dotar de crédito á economía real, ás familias e empresas, en condicións razoables.

Revisión salarial ABANCA

Continúan as mobilizacións para esixir melloras salariais en Abanca

 

A sección sindical de CCOO-Servizos en Abanca volveuse mobilizar na Coruña este venres, 13 de xaneiro, para esixir melloras salariais na entidade bancaria que compensen o esforzo realizado polo persoal os últimos anos. Desde que Juan Carlos Escotet se fixo coa propiedade do banco, as traballadoras e traballadores viron minguado o seu poder adquisitivo de xeito «drástico», nun contexto de contracción económica en que a empresa lles pediu «sacrificios» para afrontar a situación. Ler máis

Concentración revisión salarial Banco Santander
A empresa pretende aplicar unha cláusula que lle permite facer as subas á custa dos complementos retributivos

CCOO esixe unha suba salarial real no Banco Santander

A protesta tivo lugar entre as 12 e as 13 horas fronte á oficina do Santander no Cantón Pequeno coruñés e foi simultánea a outras en Barcelona, Madrid, Sevilla e Bilbao.

CCOO lembra que no convenio da banca, asinado a comezos do 2021, pactáronse unhas subas anuais acordes coa situación do momento e «nada facía prever a crise de prezos que padecemos actualmente». De xeito excepcional, abriuse o observatorio sectorial do convenio, onde se constatou a desvalorización salarial e a perda de poder adquisitivo.

Froito destas conclusións, o 29 de novembro do 2022 reabriuse o convenio colectivo e acordouse modificar as táboas salariais do 2023, pasando dun incremento retributivo do 1,25 ao 4,5 %.

Desde ese momento, CCOO instou o Banco Santander e o resto de entidades a que ese incremento fose real para todo o persoal e non se aplicase a cláusula xeral de compensación e absorción, que faculta as empresas a absorberen estas actualizacións a aquelas persoas que teñen complementos voluntarios.

Entidades como o BBVA, o Sabadell ou Bankinter estableceron fórmulas para que o incremento fose real e para todo o seu persoal; non así o Santander, unha entidade que tivo un beneficio atribuído de 7316 millóns de euros nos primeiros nove meses do 2022, un 25 % máis ca no mesmo período do ano anterior.

Cadena SER: Trabajadores del Banco Santander se movilizan en demanda de subida salarial

RNE Galicia. Fala Lucía Trenor, stria. xeral CCOO Servizos Galicia: audio

Mobilización Banco Santander

CCOO convoca unha concentración na Coruña para esixir unha suba salarial real no Banco Santander

CCOO, sindicato maioritario no Banco Santander e no sector financeiro, convoca unha concentración para mañá xoves, na Coruña, coa que esixe unha suba salarial real nesta entidade bancaria. Segundo o sindicato, a empresa pretende aplicar unha cláusula que lle permite facer as subas á custa dos complementos retributivos. A protesta terá lugar ás 13 horas fronte á oficina do Santander no Cantón Pequeno coruñés, á mesma hora en que se repetirán as protestas noutras cidades do Estado: Barcelona, Madrid, Sevilla e Bilbao. Ler máis

Concentración Abanca Revisión Salarial
Haberá concentracións os días 23 e 30 de decembro diante da oficina principal da Coruña

CCOO convoca mobilizacións para esixir melloras salariais en Abanca que compensen o esforzo realizado polo persoal

A sección sindical de CCOO-Servizos en Abanca convoca mobilizacións para esixir melloras salariais na entidade bancaria que compensen o esforzo realizado polo persoal os últimos anos. Desde que Juan Carlos Escotet se fixo coa propiedade do banco, as traballadoras e traballadores viron minguado o seu poder adquisitivo de xeito «drástico», nun contexto de contracción económica en que a empresa lles pediu «sacrificios» para afrontar a situación.

Desde o ano 2013, o persoal viu suspendidas as súas achegas no sistema de previsión —que se reduciron ata un 20 %—, así como a suspensión de 2013 a 2015 da retribución variable, a suspensión da devindicación de trienios, a suspensión da parte variable do complemento convenio de 2013 a 2016, o seguro de saúde pasou a ser financiado ao 50 % pola persoa traballadora e o complemento de antigüidade comezou a devindicarse en só doce pagamentos.

A este esforzo asumido polas persoas traballadoras, cómpre engadir os recortes de persoal que se produciron como consecuencia de cinco ERE e dous acordos de prexubilacións.
 

CCOO pide unha paga lineal de 1500 euros

Por esta razón, CCOO pediulle á empresa o aboamento dunha paga lineal a todas as persoas traballadoras por valor de 1500 euros. No caso de que no sector bancario se asine un incremento salarial que supere ese importe, o pagamento tería a consideración como ingreso a conta.

O sindicato lembra que a empresa afronta agora un contexto moi diferente ao de hai nove anos, con tipos de xuro á alza «que repercutirán de forma moi positiva na conta de resultados». Por esta razón, CCOO esíxelle á empresa «dar un paso adiante» e compensar dalgún xeito a perda de poder adquisitivo que se produciu na última década, máis aínda nun contexto de inflación que contribuíu a minorar a capacidade de compra dos salarios.

content_copy Destacadas

CCOO presenta una campaña para denunciar el modelo laboral insostenible del sector financiero

Bajo el lema “El Valor de las Personas. Por un Modelo Laboral Sostenible” CCOO ha presentado una campaña para denunciar el clima laboral que viven las plantillas del sector financiero.

chemasilvia

Un modelo turístico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible

Desde CCOO Servicios queremos reclamar un año más la necesidad imperiosa de garantizar condiciones dignas de trabajo en el sector y queremos llamar la atención especialmente sobre los discursos de algunos hosteleros y sus representantes, acerca de la falta de personas trabajadores en el sector, alguna de ellas lamentables, pero que demuestran la realidad en el anquilosado pensamiento de una parte del empresariado hostelero.

personas que intervienen en la rueda de prensa

El sindicato presenta el documento "Horarios Comerciales y Tiempo de Trabajo. Propuestas de CCOO"

CCOO apuesta por una regulación homogénea sobre horarios comerciales, y por fijar la voluntariedad y compensación del trabajo en Domingos y festivos en todos los convenios


Imagen de las personas que intervienen en esta mesa

CCOO presenta informe de turismo: el modelo turístico ante la encrucijada de la recuperación

CCOO ha presentado este lunes el informe Turismo, este estudio eleborado por el Gabinete de Técnico Federal, hace un análisis de la actividad turística 2022 y de las previsiones este 2023.

 

imagen difusion catalogo cursos

Oferta formativa subvencionada para trabajadoras y trabajadores

  • OFERTA FORMATIVA

La Federación de Servicios de CCOO pone en marcha cursos de formación gratuita dirigidos prioritariamente a trabajadores y trabajadoras ocupados

CCOO informa sobre la modificación de la Ley Orgánica de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo

CCOO resume en un comunicado información sobre la ENTRADA EN VIGOR NUEVAS BAJAS a partir de la Ley Orgánica 1/2023, de 28 de febrero, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, en su Disposición final tercera establece la modificación del texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 8/2015, de 30 de octubre.

CCOO Servicios lanza una campaña frente a la "Black Reality" del Comercio en Navidad

El sindicato ha presentado en rueda de prensa una campaña para denunciar la realidad  que viven las plantillas del sector comercial en este periodo de máxima actividad, al tiempo que exigiendo el desbloqueo de los convenios sectoriales sobre la base de incrementos salariales justos y equitativos. La rueda de prensa ha servido también para analizar los resultados de las elecciones en Grandes Almacenes, donde CCOO ha pasado a convertirse en la segunda fuerza, así como el acuerdo alcanzado en Grupo Inditex.


Ahora S Ganamos Derechos CCOO

Las personas fijas discontinuas por fin podrán acceder al subsidio para mayores de 52 años

Gracias a las constantes reivindicaciones de CCOO, a las mejoras en derechos incorporadas en la reciente reforma laboral para las personas con contrato fijo discontinuo, debemos sumar ahora un avance importante en protección por desempleo. 

Teletrabajo UNI Global UNION

UNI GLOBAL: Principios fundamentales para garantizar los derechos en el trabajo a distancia

UNI Global Union, con el apoyo de UNI Finanzas, UNI ICTS y UNI P&M, ha publicado lo que considera son principios fundamen­tales para apoyar a sus afiliadas en la negociación de cuestiones relacionadas con el trabajo a distancia, tanto durante la pandemia de Covid como después de esta.

Real decreto teletrabajo. Dudas y preguntas

Real Decreto-Ley Trabajo a Distancia. Preguntas y dudas frecuentes

Hemos desarrollado una campaña con el objetivo de explicar el principal contenido del Real Decreto-Ley de Trabajo a Distancia, aprobado recientemente por el Gobierno. 

Tren de alta velocidad

El Tribunal Supremo afirma que los permisos retribuidos se conceden para su disfrute en días laborables

La sentencia 257/2020 de la Sala de lo Social del Tribunal Suprema ha resuelto a favor de CCOO Servicios y FeSMC-UGT, sosteniendo que si el hecho causante de un permiso retribuido tiene lugar en un día no laborable, el día en el que se inicia dicho permiso es primer día laborable tras el hecho causante.  


content_copy Más información

Calendario Laboral

Calendario Laboral 2024

Días festivos estatales y por comunidad 2024

Utilidades Herramientas simuladores y calculadoras

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social
Fotografías Sindicales

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr
Vídeos de Servicios CCOO

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO
Falacias y mentiras sobre los sindicatos

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos
Histórico de Artículos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO
logo CCOO

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas

miembro de UITA
logo global union

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es