Archivado en Comunicados, Negociacion Colectiva, Empleo

COMFIA-CC.OO. prevé a deslocalización de máis de 6.000 postos de traballo nos "call center" de Orange e Ono en España

O Sindicato esixirá ao Ministerio de Industria a súa implicación na fuga de empresas de empresas de telemarketing

Primeiro foi Jazztel, onde este verán perdéronse centos de postos de traballo debido á deslocalización das súas call centers a Arxentina e agora parece chegar a quenda de ONO e ORANGE. Segundo COMFIA-CC.OO. estás dúas compañías tamén parecen estar preparando a deslocalización das súas plataformas en España o que conlevaría a perdida de máis de 6000 postos de traballo a través das empresas subcontratistas que dan o servizo de atención telefónica destes clientes.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

COMFIA-CC.OO. trasladará ás empresas a súa preocupación para ser informados respecto de os plans destas compañias. Comfia-CC.OO. mantén que hai suficientes indicios para temerse o peor, posto que xa se están producindo síntomas deste tipo de procesos como son; a perdida xa dalgunhas destas campañas e sobre todo, o envío masivo dos formadores das empresas en España para formar xente en Latinoamérica. Idéntico proceso que en Jazztel, afirma COMFIA-CC.OO.

Por este motivo o Sindicato decidiu non perder nin un segundo na denuncia pública desta situación e convocou para este martes 12 novembro concentracións nas principais capitais de provincia onde están implantados os call centers destas empresas. As concentracións realizaranse en: Lugo, Vigo, Sevilla, Salamanca, Valladolid, Madrid e Barcelona, baixo o seguinte lema: "ONO E ORANGE FAN AS AMÉRICAS".

Nun comunicado distribuído hoxe por COMFIA-CC.OO. afírmase que: "...No noso país a concesión de licenzas a este tipo de compañías outórgaas o Ministerio de Industria e estas licenzas obríganlles a ter centros de atención ao cliente. Por iso o que non parece lóxico é que o ministerio conceda licenzas públicas a empresas que aproveitan as infraestructuras do estado español, que xeran o seu negocio grazas ao diñeiro dos consumidores españois e que agora pretenden levarse os postos de traballo que xera a súa actividade empresarial a outros países".".

Para COMFIA- CC.OO. isto non é, máis que o pistoletazo de saída dunha campaña que vai orientada en dúas direccións, trasladar á opinión pública un problema que a longo prazo pode afectar aos máis de 50.000 persoas que traballan no sector e doutra banda, unha rolda de conversacións con todos os axentes implicados no conflito, pedindo ás empresas que se reformulen as súas estratexia empresarial e aos organismos públicos que teñen responsabilidade subsidiaria como son o Ministerio de Industria, encargado da concesión as de licenzas públicas destas compañias, o Ministerio de traballo e todos aqueles gobernos autonómicos que ceden chan público e/ou instalacións para o desenvolvemento da actividade empresarial. No caso de Orange, recordar que esta empresa é pertencente ao grupo France Telecom no que o goberno francés é propietario de máis de 30% da compañía polo que para COMFIA-CC.OO. converte á embaixada francesa noutro dos interlocutores en dita rolda.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es