Archivado en Convenios Colectivos, Jornada, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

Convenio Comercio Téxtil Ourense: Tardes do 24 e 31 de decembro e asuntos propios


comercio textil ourense

O día 25 de febreiro reuniuse a comisión paritaria do convenio colectivo comercio téxtil da provincia de Ourense coa finalidade de chegar a acordo sobre a interpretación dos seguintes artigos: Ler máis


Art. 7 e 10, Traballo das tardes do 24 e 31 de decembro: A Comisión Paritaria no exercicio da súa función de interpretar o contido do convenio, segundo o previsto no apartado a) do artigo 36 do convenio colectivo, di por unanimidade que a referencia ao comezo dos efectos económicos do artigo 7 só se refire ao salario, e dado que o traballo o 24 e 31 de decembro ten un artigo que o regula especificamente, debe regularse en función do pactado expresamente para eses días, que era, neste caso, que a partir de decembro de 2021, as horas que se traballen a partir das 16:00 horas os días 24 e 31 de decembro terán unha recarga de 10€/hora efectiva traballada".

Art. 12,- Xornada Laboral: "....... Os traballadores afectados por este convenio terán dereito en 2022 a tres días laborables e non recuperables, como consecuencia da aplicación do calendario laboral. Estes días fixaranse de común acordo entre a empresa e os traballadores. A falta de acordo, os traballadores terán dereito a gozar en 2022 os días 7 e 14 de novembro e 28 de novembro. De gozarse noutras datas non serán acumulable a vacacións, ou festivos, nin se poderá solicitar coincidindo cos períodos de máis venda para o comercio."

Até a firma do convenio con vixencia 2021-2022, o persoal tiña dous días e medio libres e só respecto dese medio día, o convenio dicía que non era acumulable a vacacións, festivos ou datas de máis venda. Tras sometelo a deliberación a Comisión Paritaria acordou que:

Dos tres días de asuntos propios que ten o persoal, un deles non poderá acumularse a vacacións, festivos ou períodos de máis vendas para o comercio. Negociándose en calquera caso as datas da súa goce de común acordo coa empresa.