¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


Convocatoria ao Plenario de Grupo Mapfre Galicia

CCOO Mapfre

Dacordo co disposto nas normas aprobadas pola Comisión Executiva da Federación de Servicios de CCOO de Galicia, convócase a Asemblea/Plenario da afiliación de CCOO no Grupo Mapfre na Comunidade de Galicia para a elección do/a coordinador/a Grupo Mapfre e a delegación polo territorio de Galicia que asistirá ao Plenario Estatal.

O plenario de Galicia terá lugar o próximo día 20 de maio de 2024. O seu detalle pode consultarse nas normas adxuntas.


Mobilizacións en Abanca: Por un mellor horario, retribución e clima laboral

Concentración Abanca

Ante o imobilismo da dirección de Abanca na Mesa de Negociación, e perante a falta de avances, é o momento das mobilizacións.

Expuxemos diversas propostas encamiñadas a mellorar:

O horario de todo o persoal. A empresa non está disposta a mellorar o horario se a cambio non se aumenta considerablemente o número de persoas con horario dispoñible para a empresa,sen ofrecer compensación salarial adecuada.

Salario e beneficios sociais. A empresa argumenta que as recentes subas salariais, vencelladas ás negociacións colectivas, e non está disposta a discutir unha maior compensación. A incerteza reina sobre os beneficios variables, suxeitos ás decisións empresariais.

Clima laboral. Négase a abordar a mellora do ambiente laboral. Non entende que a baixa produtividade que alegan se pode mellorar con cambios na forma de traballar e de dirixir ás persoas, está demostrado que sacar o látigo e diminuír o número de plantilla nin dá resultado nin mantén san ao persoal. É hora de cambiar as cousas.

Hoxe venres, 19 de abril, as delegadas e os delegados das seccións sindicais de CCOO, UGT, e SIB-sf de ABANCA concentrámonos ás portas de Rúa Nova en A Coruña e de Recoletos en Madrid. Convidamos ao resto de sindicatos con representación no banco para que se unan a estas mobilizacións.


A loita por condicións laborais dignas no convenio de oficinas e despachos de Pontevedra. Concentración e rolda de prensa

convenio oficinas e despachos Pontevedra

Trala convocatoria de folga convocada para os días 16, 17, 18 e 19 de abril pola Federación de Servizos de CCOO en Galicia e UGT, o 18 de abril levouse a cabo unha rolda de prensa onde se denunciou publicamente o bloqueo por parte da patronal do convenio de Oficinas e Despachos.

Na devandita rolda de prensa tamén se denunciou por parte da Federación de Servizos a intención de seguir precarizando un sector altamente cualificado, con salarios cuxas táboas non alcanzarían nin sequera o Salario Mínimo Interprofesional, segundo as intencións da patronal.

Pola tarde tivo lugar unha concentración diante da sede da CEP de Pontevedra en Vigo, con numerosas persoas persoas traballadoras do sector a reivindicar a non eliminación do plus de antigüidade e o dereito a unhas condicións e salarios dignos.


UGT e CCOO convocamos folga os días 16, 17, 18 e 19 de abril no sector de oficinas e despachos de Pontevedra

folga oficinas despachos Pontevedra

A patronal manifestou a súa liña vermella de eliminar a antigüidade na última reunión da mesa negociadora do convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra do pasado 19 de marzo, á cal nos opoñemos frontalmente a parte social. Por este motivo nos emprazamos ao 12 de abril para tentar desbloquear a situación. Porén, onte á tarde comunicóusenos a anulación da xuntanza prevista para hoxe.

É por iso que, dacordo tamén ás asembleas de traballadores/as levadas a cabo, UGT e CCOO convocamos unha folga na provincia de Pontevedra de 4 días, dende o 16 ata o 19 de abril, na que ti poderás escoller o día que queres facer folga sen necesidade de preavisar a ninguén. Ditas folgas convócanse en protesta respecto ao intento da patronal de seguir precarizando as condicións económicas e laborais do sector de Oficinas e Despachos de Pontevedra. As persoas traballadoras do sector non son persoal de segunda e merecen condicións laborais similares ás doutras provincias.

Así mesmo, convocamos unha concentración o día 18 de abril as 19:30 horas diante da sede da CEP Pontevedra. Esperámosvos a todos/as, é o momento de dicir BASTA XA!!!


Demandamos a Decathlon por vulneración do dereito á Liberdade Sindical

vulneración dereitos Decathlon

Presentamos unha demanda de tutela contra a empresa Decathlon pola vulneración do dereito fundamental de liberdade sindical. Esta demanda ven motivada pola negativa da empresa a aportar documentación e información relativa ás condicións laborais do persoal, por impedir o desenvolvemento da nosa actividade sindical negando o uso do crédito horario e por tomar represalias laborais cara ao activo sindical de CCOO, entre outras prácticas. Ler máis


Pedimos reparto xusto e equitativo dos beneficios do grupo

14.981 sinaturas (55,13% do persoal) apoian en só 8 días a campaña de CCOO

Sinaturas INDITEX

Á dirección do Grupo Inditex: Trala publicación dos beneficios do Grupo Inditex (5.381 millóns, cun incremento do 30%) as traballadoras e traballadores do Grupo pedimos que se repercutan, de forma xusta e equitativa, en quen os facemos posíble: en todas as persoas traballadoras de todas as cadeas de todo o Estado, con avances reais e globais nas mesas estatais, homologando condicións:

  • Desenvolvemento do Plan de Igualdade: Fins de semana de calidade, ampliacións de xornada...
  • Defensa integral da saúde: Carga de traballo, climatización, protocolos de violencia.
  • Xestión da madurez: Prexubilacións, reducións de xornada, aumento de días de vacacións, plan de pensións de emprego...
  • Desenvolvemento doutros aspectos salariais: Prima de vinculación, Plus de antigüidade, Sistema de incentivos e transparencia nas comisións, Aplicación do incentivo de dependenta a todas as cadeas por igual, Aumento do desconto e límite Affinity.

O momento é AGORA. Porque TODAS somos INDITEX

Asinado entre o 15 e o 22 de marzo de 2024 por persoas traballadoras de Inditex (55,13% do persoal de tendas) Ler máis

 

 


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones