Archivado en
Rexeitando a politica laboral do banco
Concentracion diante do BBVA en A Coruña
A Federación de Servizos Financeiros e Administrativos de CCOO (COMFIA-CCOO) e o resto de sindicatos con representación no BBVA en Galicia realizaron unha concentración de delegados diante da sé da Dirección Territorial Noroeste, no Cantón Grande da Coruña.
Unha delegación formada por un membro de cada un dos sindicatos
convocantes entregou unha carta ao responsable de Recursos Humanos,
na cal solicitan a negociación dos plans de reordenamiento que o BBVA
puxo en marcha, tanto na rede de oficinas como nos departamentos de
Servizos Centrais: os chamados Proxecto Clima e Proxecto Velázquez,
respectivamente.
A concentración, que durou preto dunha hora, contou coa presenza de numerosos delegados do BBVA vidos das comunidades que forman a Direccion Territorial Noroeste (Galicia, Asturias e Castela-Leon), e mais de representantes sindicais doutras entidades financeiras e administrativas federadas en Comfia-CCOO. A asistencia pódese cifrar en preto de catrocentas persoas.
Os concentrados manifestaron de forma patente o seu rexeitamento aos Proxectos Clima e Velázquez e mostraron o seu desagrado polo xeito en que a Dirección do BBVA pretendeu implantar estes ás costas da representación sindical.
"Vaiase, Sr González", en referencia ao Presidente do Consello de Administración Francisco González, foi unha das consignas máis repetidas durante o desenvolvemento da concentración, que se disolveu de forma pacífica unha hora logo do seu comezo.
Artículos más leídos hoy
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Subida de Tablas salariales de 2024 para el XX Convenio de Ingenierías y Oficinas de Estudios Técnicos
25 de abril, nueva reunión del Convenio de BANCA
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
28 de Abril, Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo
CONVENIO COLECTIVO