Archivado en Comunicado breve, Salud Laboral, Huelga, Condiciones de trabajo, Unión Comarcal A Coruña, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

O pacto beneficia a uns oitocentos traballadores e traballadoras en Galicia

CCOO asina un acordo para reforzar as medidas preventivas e compensar o persoal de Lidl polo esforzo realizado durante o estado de alarma


folga LIDL

Tras a folga convocada en solitario por CCOO-Servizos, a dirección de Lidl España rectificou e decidiu sentar a negociar co sindicato. O resultado é un acordo que reforza as medidas de prevención nos centros de traballo da cadea de supermercados e compensa tamén o esforzo realizado polo persoal desde que se estableceu o estado de alarma. Ler máis


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,

Entre as medidas preventivas cabe destacar o compromiso da empresa por controlar a cabida das tendas e a creación dunha comisión de seguimento COVID-19 para xestionar os posibles brotes e actuar en consecuencia. Por outra banda, chegouse tamén a un acordo para xestionar as horas negativas, isto é, as horas en que non se puido traballar pola redución do horario das tendas durante o estado de alarma.

CCOO-Servizos valora de forma moi positiva este acordo, tanto polo seu contido, como por representar a finalización deste conflito colectivo e o cambio de actitude da empresa. Lidl ten aproximadamente oitocentos traballadores e traballadoras en Galicia e CCOO é o sindicato maioritario, con 16 delegados e delegadas, que supoñen a metade da representación sindical na empresa.