Archivado en Socio Economico, Convocatorias

#15D #recuperardereitos AS PERSOAS E OS SEUS DEREITOS, O PRIMEIRO

É o momento de aproveitar a nova situación política de España. Os acordos van ser necesarios. As organizacións sindicais somos a voz dos traballadores e as traballadoras e queremos mudar as cousas. E non o conseguiremos sen combinar mobilización e negociación, presión e diálogo. 

UGT e CCOO queremos participar neste novo escenario de concertación con obxectivos reais e concretos, con prazos de execución definidos e posibles, nun diálogo social efectivo e verificable.

Neste sentido, o Goberno e as forzas parlamentarias teñen unha responsabilidade que deben asumir, pero tamén a patronal.

#15D Vigo


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Temos razóns para mobilizarnos. Acabouse a etapa das medidas unilaterais baseadas nos recortes, e cuxas consecuencias sobre a cidadanía en xeral ?hoxe máis pobre?, sobre as condicións de vida dos traballadores e as traballadoras se ignoraron.

É o momento de facer presión para conseguir cambiar o rumbo cara a unha política orzamentaria que poña en primeiro lugar as persoas, o crecemento, o emprego de calidade, as pensións e o fortalecemento das redes de protección.

Para iso cómpre unha reforma fiscal integral baseada en criterios de suficiencia e equidade, facer que o crédito chegue de novo ás familias e ás empresas cun modelo financeiro no que a banca pública ?o ICO e as entidades que tivemos que rescatar en período de crise e que agora son do Estado? desempeñe un papel destacado.

CCOO e UGT coidamos necesario facer ver que é o momento de reverter as cousas, de abrir un tempo de diálogo e consenso verbo dos grandes retos que temos por diante: reactivación económica; emprego de calidade; derrogar as reformas laborais, a Lei 27/2013 de racionalización e sustentabilidade da Administración local, e o artigo 315.3 do Código penal; a LOMCE, as reválidas e os recortes en educación e no resto de servizos públicos; reformar a fiscalidade; garantir as pensións, asegurar os servizos públicos; reforzar os sistemas de protección social e a igualdade real e efectiva, non só entre homes e mulleres, tamén naqueles grupos de persoas traballadoras que, polas súas características inherentes, non son tratadas en condicións de igualdade; e protexer as persoas asiladas e migrantes.

É o momento de negociar, mais tamén de mobilizar para esixir que o diálogo social se traduza en resultados tanxibles, que se atenda a cidadanía, que se nos permita saír da senda da desigualdade e a pobreza, reducir substancialmente o desemprego e impulsar un crecemento económico sostible, con máis e mellores empregos, mellores salarios ?incluído un salario mínimo interprofesional do 60 % do salario medio ao final da lexislatura? e garantía para as pensións e o seu poder adquisitivo, así como recuperar as liberdades e dereitos democráticos.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es