Archivado en Nota de prensa, Salud Laboral, Condiciones de trabajo, Union Comarcal Vigo, Enxenerías Inspección Técnica

O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia naceu en 2002 para ofrecer servizos de I+D+i á industria local do automóbil

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no CTAG

A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG). Segundo o sindicato, o CTAG non pode presumir de ser un centro tecnolóxico «punteiro» cando o seu modelo laboral se basea en «salarios miserables», abuso dos contratos temporais e de prácticas, ao tempo que pon en risco a saúde do persoal, cuestión esta que xa levou á apertura dun expediente sancionador.


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

CCOO denuncia publicamente que este modelo «non incentiva» a permanencia do coñecemento na empresa e «dá continuidade á fuga de cerebros» iniciada hai uns anos. O que naceu como un proxecto prometedor pode verse comprometido por un padroado «obsesionado» con ter enxeñeiros cada vez máis baratos. O sindicato considera que os membros actuais do padroado son «os responsables directos» da situación.

O CTAG foi creado no 2002 para ofrecer servizos de I+D+i á industria local do automóbil. O CTAG impulsouno a Xunta de Galicia e no seu padroado teñen representación a Consellaría de Industria, o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), Abanca e PSA Vigo.

Segundo CCOO, o centro goza de prestixio internacional e amplo recoñecemento por parte do sector de automoción de Galicia. É máis, no ano 2013 foi ampliado grazas a unha «forte dotación orzamentaria» por parte da Xunta. De feito, o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou o Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes, co que se «catapultaba» o CTAG ao primeiro plano europeo do desenvolvemento tecnolóxico en vehículo eléctrico.

Expediente sancionador da Inspección de Traballo

Porén, a Unión Comarcal de CCOO de Vigo lamenta que a realidade dos enxeñeiros que traballan no centro «dista moito da excelencia» de que se presume: no que vai de ano xa se presentaron ata cinco denuncias na Inspección de Traballo por incumprimento da lexislación laboral. Entre os problemas máis graves destacan as altas temperaturas nos talleres, así como excesivos niveis de dióxido de carbono nas oficinas. A negativa da Dirección do CTAG a corrixir as eivas motivou un expediente sancionador da Inspección.

Precariedade contractual e salarial

Aos problemas de seguridade e saúde laboral engádese a precariedade contractual e salarial «crecente». A Unión Comarcal de CCOO de Vigo tamén critica que non haxa un plan de carreira profesional na empresa. Segundo os datos do pasado mes de maio, a contratación eventual superou a indefinida, estancada desde hai varios anos. O persoal con bolsas é máis dun cento, representando o 20 % do total de efectivos. Así mesmo, as persoas con contratos eventuais son case tantas coma as indefinidas.

Doutra parte, CCOO denuncia que a Dirección do CTAG fomenta unha estrita aplicación dos mínimos salariais, «que dá como resultado ter enxeñeiros formados e cualificados cobrando 660 euros e cuxa máxima aspiración, tras anos de dedicación á empresa, é chegaren a ser indefinidos e mileuristas».

A situación xa provocou un aumento da conflitividade laboral na empresa ?mesmo se acudiu á vía xudicial?, e CCOO non descarta mobilizacións futuras dos traballadores e traballadoras se non melloran as condicións.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es