Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

8M Galicia

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 


A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.

Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue




A Secretaría de Emprego do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia publica unha breve guía en que recolle as novidades para o traballo autónomo neste an

Novidades para o traballo autónomo en 2016

O documento, que está dispoñible para consulta ou descarga en liña nesta mesma web, contén información sobre a seguridade social, cota de autónomos/as para este ano, adecuación da mesma con vistas á xubilación ou a tarifa plana, a fiscalidade, retencións, requisitos para estar en módulos ou imposto de sociedades, entre outras cuestións, ou as situacións de desemprego. 

Documento

Ademais, publícanse no BOE as normas de cotización e de cesamento da actividade de autónomos.


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones