O Grupo Inditex declarou uns beneficios de 5.381 millóns, cun incremento do 30% respecto ao exercicio anterior. Na súa actividade en España, superou os 1.600 millóns de beneficios e os 5.665 millóns en vendas, o que supón 200.000 euros en vendas por persoa empregada en tendas. Con todo, estes beneficios non están revertendo na plantilla en forma de mellora global, en todas as marcas e territorios, das súas condicións laborais, ao non haber avances reais nas negociacións estatais.
Ante esta situación, máis de 500 delegadas e delegados de CCOO mobilizáronse en Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Valencia, Bilbao, Las Palmas e Vigo. Ademais, o sindicato recolleu en tan só 7 días 13.843 firmas, desde o 15 ao 21 de marzo: É dicir, o 50,94% da plantilla do Grupo Inditex asinou para apoiar a campaña de CCOO e que os beneficios do Grupo revertan de forma xusta e equitativa, en quen os fan posible: en todas as persoas traballadoras de todas as cadeas de toda España, con avances reais e globais nas Mesas estatais, homologando condicións ao alza.
Atendendo á reclamación de CCOO de establecer marcos de negociación onde se defendan os intereses de todas as plantillas do Grupo Inditex en todos os territorios, o Grupo Inditex dirixiuse a CCOO, como sindicato maioritario, anunciándolle convocatoria de Mesa estatal o próximo 3 de abril.
]]>Exiximos ao Banco Santander, BBVA, Banco Sabadell, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe principal que trasmitiron os seus cadros de persoal: que queren un convenio, como mínimo, como o que as patronais de Aforro e Cooperativas de Crédito asinaron: Con incrementos salariais xustos e que se apliquen a todo o persoal, non de forma discrecional segundo os criterios das direccións.
Os datos de seguimento por entidades, segundo as estimacións de CCOO, UGT y FINE, son os seguintes:
Esiximos ás cúpulas do Banco Santander, BBVA, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe que lles transmitiron os cadros de persoal, aos cales lles están negando un convenio, como mínimo, como o que pactaron os sindicatos coas entidades de Aforro e Caixas Rurais:
Esiximos á AEB que escoite a mensaxe rotunda lanzada polos seus cadros de persoal: Que están dispostas a loitar por un convenio que realmente supoña, de forma efectiva e tanxible, incrementos salariais xustos e que se apliquen a todas as persoas traballadoras, non de forma discrecional segundo os criterios das súas direccións.
INFOGRAFÍA:
]]>
A inflación provocou unha desvalorización dos salarios de ata o 17 % nos últimos tres anos. Polo de agora, as propostas da empresa «están extremadamente afastadas» do que pide a parte social. A situación «contrasta coa presentación de ingresos récord ano tras ano», sinalan os representantes das persoas traballadoras.
Por este motivo e ante a falta de acordo diante do servizo de mediación e arbitraxe (SMAC), convocaromos varias xornadas de folga en toda España. Na Coruña foi este venres, día 22 de marzo, e haberá unha manifestación ás 10:30 desde a rúa Nova n.º 2 (Obelisco).
]]>Desde CCOO fomos moi claros desde o inicio da negociación do convenio:
A ANTIGÜIDADE NON SE TOCA!
Existen moitos puntos deste convenio que se deberían abordar, polo que a decisión da patronal de non seguir avanzando na negociación é incomprensible. Algúns esquecen que desde o ano 2012 este convenio leva coas táboas salariais conxeladas e pendente de actualizarse en materia de permisos, igualdade, contratación e demais novidades lexislativas que no convenio quedaron obsoletas.
CCOO anunciámoslles na mesa que iniciaremos mobilizacións progresivas no sector, para esixir un convenio colectivo á altura dos cadros de persoal e que non estamos dispostos a que exista discriminación de salarios en comparación con outros convenios do sector de Oficinas e Despachos existentes en Galicia.
]]>Subas salariais que non superan o 9% en 4 anos, penalizando ás persoas con salario exclusivamente de Convenio e maltratando ás persoas con melloras voluntarias. Propostas de medidas de ampliación de mobilidade xeográfica. Esta postura por parte de AEB volve enturbar e tensionar o clima laboral e non axuda a frear a conflictividade laboral na Banca, plasmándose na folga do 22M.
Este 15M CCOO trasladará o seu rexeitamento a esta estratexia ás portas da JGA de BBVA e concentrándose noutras entidades, presión que continuará o 22M na JGA de B. Santander e convocatoria de folga de 24h o mesmo 22M. Os accionistas deben coñecer como tratan ao persoal estas entidades, as cales adolecen dunha Responsabilidade Social Empresarial. AEB é a única responsable de manter o malestar social e ten oportunidade na próxima reunión do 19 de marzo de achegar substancialmente as posicións.
É POLO TEU SALARIO, É POLOS TEUS PRÉSTAMOS, É POLO CLIMA LABORAL, É POR TI
]]>Un incremento en 3 anos do 11% - 14% máis un pago único do 3% do Nivel VI Ademais, 3 días adicionais de libre disposición (1 cada ano) Garántese a aplicación dos incrementos de convenio, sen se veren afectados por adaptacións progresivas. Ler máis
]]>
Despois do proceso de mobilización impulsado por CCOO dende o pasado 8 de febreiro, conseguimos pechar o seguinte preacordo de Convenio de Aforro 2024-2026:
Valoración dende CCOO
Este preacordo terá un desenvolvemento en forma de acordo e negociación de texto de convenio, en próximas datas. Ademais, dende CCOO iremos ampliando a información sobre os seus contidos durante esta mesma semana.
Dende CCOO, dende a responsabilidade como primeiro sindicato do sector, consideramos que este preacordo supón un primeiro paso nos nosos obxectivos, principalmente a nivel salarial, ao conseguir un incremento acumulado en táboas en só 3 anos de entre o 11,40% e o 14,40% (moi por enriba da subida acumulada de táboas nos 13 anos anteriores -5,3%-), ademais do pago único do 3% de nivel VI (1.000€), o que se suma ao Plus mellora convenio que conseguimos engadir como concepto permanente en xaneiro de 2023, abrindo o convenio. O feito de que todo o persoal perciba estes incrementos é tamén algo clave.
Un preacordo, ademais, que se consegue sen cesións de ningún tipo á Patronal, nin en materia de ampliación de mobilidade xeográfica, nin de eliminación de axuda de estudos, nin de desregulación de horarios.
Queda moito por seguir reivindicando, en materia de préstamos (a nivel de cada entidade) e de compromisos de negociación en cada empresa de medidas sobre clima laboral (tempo de traballo, emprego, clasificación, presión comercial, etc.), o que traballaremos para concretar na fase de redacción e en cada empresa. Nesta liña, introducir 3 días de descanso no convenio é un primeiro paso sobre o que seguiremos traballando.
Unha vez máis, agradecemos o apoio do persoal en todo este proceso.
Contexto
Fomos testemuñas da desaparición de servizos históricos nesta delegación, que levou a unha redución significativa do persoal, pasando de case mil traballadores a só 515. A deslocalización a Colombia do servizo de atención ao cliente de Unión Fenosa Distribución e un ERE estatal que afectou a 38 persoas na nosa delegación —300 en todo o Estado— son situacións que contribuíron ao actual panorama laboral.
Desafíos Actuais
Neste momento, estamos a enfrontar un constante goteo de despedimentos, cualificados pola empresa como disciplinarios. Sen embargo, o comité vaticina que todos eles acabarán sendo declarados improcedentes, o que xera unha preocupación constante no persoal. Esta incerteza sobre o futuro laboral xera un ambiente de traballo baixo ameazas e presións constantes, onde cada traballador vive co temor de ser o próximo en ser despedido.
Propósito da Concentración
A concentración pretende ser un acto de visibilización e solidariedade entre os traballadores. Buscamos concienciar á opinión pública sobre a situación que estamos a vivir e reclamar unha solución que garanta a estabilidade laboral, o respecto aos dereitos dos traballadores e a continuidade dos servizos na nosa delegación.
]]>O feminismo está sendo o maior motor de transformación social, e de aí o empeño en condenalo das faccións sociais máis reaccionarias; pero detrás del hai máis de corenta anos de historia de loita de moitas mulleres. Loitas constantes, comprometidas e arriscadas pero libradas coa alegría que produce ir acabando coas múltiples discriminacións e apostar con creatividade, sororidade e alegría por unhas condicións de vida xustas.
Estas loitas libráronse en todos os ámbitos, e o laboral non foi o menor. As mulleres necesitamos independencia tamén económica para sermos autónomas e non dependermos de ninguén. O traballo asalariado é unha desas fontes de autonomía, e a necesaria batalla polo acceso ao emprego, a promoción profesional, a corresponsabilidade, a igualdade salarial ou a fin da violencia son obxectivos sindicais. Por esta razón, desde CCOO tamén reivindicamos o feminismo sindical, que colabora co resto de feminismos para conseguir dinamitar o machismo que aínda persiste e estender o feminismo a todos e cada un dos espazos.
O 8M tamén reivindicamos este feminismo sindical que nos é propio e a loita polos dereitos laborais dentro do movemento feminista e, aínda que nos sumamos a gozar deste día lúdico de reivindicación feminista, actualizamos o feminismo nos centros de traballo todos os días do ano a través do noso activo sindical, porque os dereitos non se paran nas portas dos centros de traballo. Día a día denunciamos a discriminación laboral e achegamos propostas para mellorar as condicións laborais e de vida mediante o diálogo social en aspectos como o salario mínimo interprofesional. O SMI pasou de 736 euros ao mes en 2018 a 1134 euros brutos en 14 pagas en 2024; é un incremento de máis do 46 %. A suba do SMI beneficia máis as mulleres, ao sermos nosoutras as que temos as peores condicións laborais e salariais. Ler máis
]]>A suba do SMI #ÉFeminismo
A fenda salarial actual é do 18,6 % e, aínda que é a máis baixa dos últimos quince anos, hai que seguir reducindo a diferenza salarial entre homes e mulleres. Desde CCOO seguiremos poñendo un soldo mínimo nos convenios, cuestionando a falta de complementos salariais para as habilidades tipicamente femininas, diminuíndo a parcialidade e elevando o SMI.
Reducir a fenda salarial #ÉFeminismo
A reforma laboral mellorou a contratación indefinida e reduciu a temporalidade, conseguindo maior estabilidade do emprego feminino. Nos últimos doce meses, o número de mulleres sen emprego reduciuse en 23 400. É dicir, houbo máis de 21 000 novos contratos laborais con selo feminino. A Enquisa de Poboación Activa demostra que a temporalidade diminuíu ata o 13,24 % e creáronse 783 000 empregos. Hai máis mulleres traballando ca nunca. Das 21 246 900 persoas ocupadas, o 46,7 % son mulleres; porén, o 75 % dos contratos a tempo parcial son femininos. En CCOO apostamos por reducir a parcialidade e mellorar as súas condicións laborais.
A reforma laboral #ÉFeminismo
A suba do SMI permite tamén reducir a fenda que existe nas pensións. No caso das pensións de xubilación, a fenda é dun 31,91 %, malia que se negociaron mellores condicións para integrar as lagoas de cotización. Considerados como cotizados ao 100 % ata tres anos os casos de redución de xornada ou excedencia por coidado de familiares e/ou menores e de aumentar o complemento para reducir nelas a fenda de xénero, aínda existe unha fenda nas pensións de xubilación do 31,4 %. É vital o noso compromiso sindical para acabar con esta fenda nas pensións.
A reforma das pensións #ÉFeminismo
Tamén se mellora a vida das mulleres traballadoras negociando convenios colectivos que racionalizan a xornada e introducen medidas que favorecen a corresponsabilidade e plans de igualdade. Este ano rexistráronse case 5000 plans de igualdade no REGCON e actualmente hai 10 729 planes de igualdade en activo. Porén, un 66 % das máis de 31 400 empresas que deberían ter plan de igualdade non o teñen. Desde CCOO seguiremos denunciando a falta de negociación, reclamando a convocatoria das mesas de negociación e vixiando o seguimento das medidas adoptadas neles.
Negociar plans de igualdade #ÉFeminismo
Aínda que é obrigatoria a existencia de protocolos de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo para todas as empresas, só contan con protocolos aquelas que teñen plan de igualdade, ao ser estes unha parte dos plans de igualdade. A maioría de empresas, sobre todos as PEMES e microPEMES, carecen de protocolo contra o acoso sexual e por razón de sexo e, ademais, hai mulleres —como as empregadas de fogar ou as de axuda a domicilio— que sofren acoso sexual nas casas dos seus empregadores. Para orientar tanto profesionais como sindicalistas e as vítimas, contamos co Observatorio de Acoso sexual y por razón de sexo, no que seguiremos traballando.
A loita contra o acoso sexual #ÉFeminismo
Pero tamén é feminismo romper os estereotipos de xénero no acceso, impedir preguntas sexistas, acabar coa penalización da redución de xornada, conseguir permisos para as menstruacións incapacitantes, lograr flexibilidade da xornada, sensibilizar contra a homofobia, reducir a xornada laboral, facer rexistros retributivos para ver os nesgos nos complementos salariais, avaliar o posto de traballo atendendo a capacidades e habilidades femininas historicamente solicitadas, pero nin recoñecidas nin pagadas, pór en marcha unha prevención de riscos laborais acorde cos corpos e realidade das mulleres.
Todo isto e moito máis #ÉFeminismo e ademais de animar a afiliación a se sumar ás convocatorias do movemento feminista nos distintos lugares, manifestamos o noso compromiso cun #FeminismoSindical que fará as mulleres máis autónomas, felices e independentes.
____________________________________________________________
MOBILIZACIÓNS 8M
— A Coruña: ás 20 h desde o Obelisco
— Ferrol: ás 20 h desde a praza de Amada García
— Santiago de Compostela: ás 20 h desde a praza 8 de Marzo
— Lugo: ás 20 h desde a delegación da Xunta
— Ourense: ás 20 h desde a Subdelegación do Goberno
— Pontevedra: ás 20:30 h desde a praza de España
— Vigo: ás 20 h desde a praza de España