CCOO condena o asasinato dun compañeiro no seu centro de traballo, vítima dun disparo por parte dun cliente


A vítima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.

Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,
É un feito que o persoal do sector está exposto a numerosos riscos, atracos e agresións violentas entre eles, sen que a dirección de CaixaBank nin doutras entidades recoñeza estes como riscos laborais nin se adopten as medidas de seguridade para evitalos.

CCOO require á Dirección de CaixaBank á consideración de forma inmediata dos feitos como accidente de traballo, o tratamento e a baixa médica para o resto do persoal do centro de traballo e a non incorporación da mesma ata que se certificou medicamente a súa absoluta recuperación. Que sexan consideradas persoas especialmente sensibles. Que se acceda ás súas solicitudes de cambio de posto de traballo sen repercusións económicas nin de ningún outro tipo. Que de verdade se elabore un protocolo de atraco, actos violentos, ameazas, riscos psicosociais e que se investigue a orixe dos feitos e as causas das lesións ao persoal que garanta que as persoas temos dereito á saúde e ao noso desenvolvemento persoal e familiar.

O sindicato solicita a aplicación de medidas de protección para garantir a seguridade do persoal, con todas as accións que sexan necesarias e de forma inmediata para que estes feitos non se volvan a producir, e que estas medidas se estendan a todos os centros de traballo expostos a estes riscos.

CCOO lembra aos Gobernos e ás Administracións públicas que eles son responsables subsidiarios da non aplicación das normas que garantan a saúde das traballadoras e traballadores do sector.

Por último, pero o máis importante, a organización quere facer chegar as súas condolencias á familia. Ao compañeiro, brindarlle a mellor homenaxe, o traballo sindical de cada día para evitar que isto volva ocorrer.

CCOO convoca xunto a outros sindicatos un paro de 5 minutos e concentración de persoais ás portas dos centros de traballo mañá día 24 de novembro, ás 12 da mañá.



Algunos Iconos extraídos de Freepik (www.flaticon.com) licencia de CC 3.0 BY